Patrimonio protegido | Inmuebles

REHABILITACIÓN

A nosa área de rehabilitación está conformada por un equipo de técnicos especialistas en rehabilitación que traballan achegando as solucións construtivas máis avanzadas e adecuadas a cada caso particular.

Os avances producidos nos últimos anos no sector da construción en canto a materiais, técnicas de aplicación e formación de profesionais, fan que a rehabilitación se reivindicase como unha actividade principal dentro do sector.

¿Por qué confiar en Desarrolla?

A vocación técnica da nosa empresa especialízanos nesta área, destacando a diversidade de rehabilitacións integrais de edificios emblemáticos e Bens de Interese Cultural levadas a cabo durante a nosa traxectoria.

A nosa capacidade e solvencia en rehabilitación está avalada pola máxima clasificación en execución de obras de restauración K7, valoración outorgada polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que faculta a empresa para a execución de rehabilitacións en inmobles e monumentos con protección patrimonial.