Viviendas unifamiliares | Edificios residenciales

EDIFICACIÓN

A área de edificación de Desarrolla distínguese pola súa capacidade para converter cada proxecto en algo único, innovador e personalizado.

Antes de incorporar eses valores a cada un dos nosos traballos, en Desarrolla estudamos cada un dos proxectos atendendo ás necesidades de cada cliente. Tanto se es un particular, coma se es un promotor ou unha cooperativa, poderás contar cun experto equipo técnico altamente cualificado que se encargará do proceso construtivo do edificio ou vivenda unifamiliar.

¿Por qué confiar en Desarrolla?

Somos conscientes de que a compra ou a construción dunha vivenda é unha dos maiores investimentos na vida de calquera persoa, e afrontamos coa maior responsabilidade e seriedade os proxectos que nos confían.

Ao longo dos anos executamos proxectos dunha gran complexidade técnica e con certas singularidades arquitectónicas, abarcando todos os aspectos da obra en colaboración coa dirección facultativa, e apostando por un sistema de xestión totalmente orientado ao cliente.