Orientación ao cliente

Parece inconcibible como alguén que adquire unha prenda, un electrodoméstico ou un vehículo pode recibir mellor atención e máis garantías que outra persoa que realiza un investimento de maior magnitude, como por exemplo a construción ou rehabilitación dunha vivenda, dun edificio ou dun local.

En Desarrolla, a satisfacción e tranquilidade dos consumidores son as nosas máximas prioridades, e os nosos procedementos como compañía construtora xiran ao redor deses dous principios básicos.

Ofrecemos un labor de asesoramento continuo no proceso construtivo en coordinación cos demais intervenientes da obra e plasmamos a transparencia no noso labor mediante unha área informática privada permanentemente actualizada que reflicte abertamente a evolución do proceso documental e construtivo dos traballos que nos confían.

Innovación

En Desarrolla cremos na innovación e na actualización constante, e por esa razón, da man das novas tecnoloxías, e co fin de avalar un dos grandes alicerces da nosa filosofía, a transparencia, poñemos á disposición do cliente e dos intervenientes a Área Cliente.

Este espazo, de acceso codificado, permite facer un seguimento en liña e a tempo real do desenvolvemento do noso traballo. Esta ferramenta recolle aspectos documentais -datos administrativos, contrato, facturación, certificados, etc.- e información técnica e construtiva do encargo, apoiado por un seguimento fotográfico constante e unhas descricións semanais do noso departamento técnico do estado de execución.

Solvencia económica

A estabilidade económica das empresas adquire máis importancia que nunca nun sector que atravesa tempos de inestabilidade. É imprescindible transmitirlles e garantirlles aos clientes a máxima seguridade nos seus investimentos, e para conseguilo, nada mellor que levar a cabo políticas de empresa baseadas na seriedade e na xestión de pagos e cobros.

En Desarrolla cremos na sustentabilidade a longo prazo, na capitalización da empresa e nunha política de xestión firme e estable. Acreditamos a nosa solvencia económica ao cliente antes do inicio dos traballos, xustificando documentalmente o cumprimento das obrigacións coas administracións públicas e achegando certificados de entidades que a avalan.